OBXECTIVOS Esta xornada ten por obxectivo dar a coñecer aos asistentes a importancia das ferramentas de Optimización do Deseño 3D para a redución de tempos, erros e custos asociados ao deseño de novos productos.
A través de exemplos reais poderase ver cómo estas ferramentas permiten unha diferenciación respecto da competencia por medio do rápido desenvolvemento de produtos mecánicos coa máis alta productividade á hora de modificar os deseños, utilizando o know-how nun entorno seguro e colaborativo.
Os asistentes poderán comprobar cómo este tipo de ferramentas permiten executar unha toma de decisións eficaz, anticipándose ás posibles continxencias.
Este encontro constitúe unha plataforma adecuada para:
- Reunir aos potenciais usuarios finais das tecnoloxías, produtos e procedementos innovadores.
- Encontrar as solucións tecnolóxicas que máis se adapten ás súas necesidades.
- Informarse das últimas tendencias tecnolóxicas e actividades de investigación do seu sector.
- Establecer contactos para futuras colaboracións.
AXENDA
09:20 – 9:30 |
Benvida e Presentación |
|
CIS Galicia. Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia |
09:30 – 10:30 |
CATIA INDUSTRIAL EQUIPMENT |
|
Uso efectivo para mellorar o proceso de Deseño. Exemplos reais de uso de ferramentas para modificar deseños e desenvolver produtos mecánicos.
Iker Olabarri Rodríguez. CADTECH IBERICA |
10:30 – 11:30 |
ENOVIA PROGRAM MANAGEMENT |
|
Optimización da xestión de proxectos. Demo “hands-on”: práctica guiada de control dun proxecto ficticio de desenvolvemento dun novo produto.
Iker Olabarri Rodríguez. CADTECH IBERICA |
11:30 – 12:00 |
Pausa - Café |
12:00 – 12:30 |
ENXEÑERÍA 2.0: Unha ferramenta para tomar decisións
|
|
Reutilización dos datos de deseño 3D para crear, actualizar e automatizar entregables.
Alvar Tenias Pérez. CADTECH IBERICA |
12:30 – 13:30 |
Caso de éxito de implantación de ferramentas de enxeñería 2.0 |
|
Miguel Ángel Gozález Burés, Responsable de Producción de EUROPRECIS GALICIA S.L. |
13:30 – 14:00 |
Rolda de preguntas e clausura |
INSCRICIÓN
A inscrición e gratuita.
Prazas: Limitadas. No caso de que haxa un maior número de solicitudes que de prazas, asignaránse por orde de inscrición.
Data límite de inscrición: 27 de maio de 2013
Para facer a inscrición prema no seguinte enlace para acceder o formulario. [Rematada a data de inscrición]
MÁIS INFORMACIÓN
Teléfono: 981 33 71 33
Correo electrónico: [email protected]
Web: cisgalicia.org
|