ENGLISH ESPAÑOL GALEGO
presentación
CIS GALICIA é un centro tecnolóxico que ten como misión aumentar a capacidade de innovación da industria galega, mellorando a súa competitividade a través da xeración e aplicación de tecnoloxía e coñecemento.

Nos últimos anos o centro participou en diversos proxectos de I+D a nivel rexional, nacional e europeo. Asimesmo prestou servizos a empresas de diferentes sectores como o da automoción, naval, audiovisual, enerxético…

Inicia a súa actividade o 29 de xullo de 1995, primeiro baixo a tutela do Igape e a partires do 1 de xaneiro de 2014 integrándose dentro da Axencia Galega de Innovación
   VINDEIROS EVENTOS

O Clag organiza o curso "A Realidade Virtual e a Realidade Aumentada como ferramentas da Fábrica 4.0"
Ferrol, 14 de diciembre de 2016

O Clúster do Audiovisual Galego (Clag) organiza, en colaboración co CIS Galicia, o curso "A Realidade Virtual e a Realidade Aumentada como ferramentas da Fábrica 4.0", de 30 horas de duración, que se celebrará o xoves 29 de decembro e os venres 3, 10, 17 e 24 de febreiro. Poderán efectuarse as inscricións antes do vindeiro 22 de decembro.  Máis información

   ÚLTIMAS NOTICIAS

A Axencia Galega de Innovación no proxecto Design for Innovation
Ferrol, 19 de abril de 2017

A partir de xaneiro de 2017, a Axencia Galega de Innovación a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia), participa no proxecto Design for Innovation financiado por Interreg Europe. Xunto con outros sete socios europeos, desenvolveremos plans de acción de deseño para mellorar a competitividade das PEME a través dun uso máis estratéxico do deseño.

O proxecto correspóndese co "Plan de acción para a innovación baseada no deseño" da Comisión Europea (2013), que recoñece o deseño como unha "ferramenta accesible para a innovación centrada no usuario e impulsada polo mercado en todos os sectores da economía" e anima ás rexións europeas para que desenvolvan os seus plans de acción para o deseño.

Mediante o intercambio de coñecemento entre as rexións participantes, identificaremos as mellores prácticas nos mecanismos de apoio ao deseño nas PEME e avaliaremos a integración de instrumentos de apoio para o deseño nos programas operativos do FEDER.

O obxectivo dos socios do proxecto é que 1.600 PEMES se benefícien de instrumentos de apoio (tanto financeiros como non financeiros) para ofrecer produtos e servizos máis innovadores, fáciles de usar e rendibles ao mercado.

Para mellorar a formulación de políticas baseadas en evidencias, monitorearemos o impacto e avaliaremos a efectividade dos mecanismos implementados durante a seunda fase de 24 meses. Compartiremos os nosos resultados durante unha conferencia de alto nivel en Bruxelas en 2021. Vémonos alí.

Xornadas de divulgación tecnolóxica: Simulación, Modelización e Big Data na Industria 4.0
Ferrol, 1 de diciembre de 2016

gain gain gain
xunta

Estas xornadas celebraranse en distintos puntos de Galicia. Nelas informarase ás PeMEs das diferentes medidas postas en marcha por GAIN, IGAPE e o CESGA para impulsar o uso destas tecnoloxías. Tamén se falará dos beneficios da simulación numérica, a modelización e o Big Data, e das tecnoloxías que se requiren para implantar estas novas solucións. Por último presentaranse casos de éxito de empresas da nosa contorna que xa teñen implantadas estas solucións, e o servicio Re-Acciona TIC de mellora competitiva para PeMEs galegas.

Para máis información prema aquí

Presentación de la 4ª Edición de VIAGALICIA e
INSPIRATION DAY sobre REALIDAD VIRTUAL y REALIDAD AUMENTADA en CIS GALICIA
Ferrol, 17 de Xuño de 2016
img_Cartel

ViaGalicia é un Programa promovido polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é a aceleración de proxectos empresariais innovadores e invertibles.

Nesta 4ª edición correspondente a convocatoria 2016 preséntanse varias novidades, como a incorporación do apoio específico a proxectos con tecnoloxías da Fábrica 4.0.

A xornada de presentación terá lugar o vindeiro 23 de xuño no CIS Galicia en Ferrol, onde se levará a cabo un Inspiration Day para dar a coñecer e experimentar as distintas tecnoloxías de Realidade Virtual e Realidade Aumentada.

A xornada contará coa participación de empresas, profesionais e potenciais emprendedores que poderán coñecer diferentes casos de uso, explorar novos produtos, servizos e modelos de negocio que utilicen estas tecnoloxías.

Consulta o PROGRAMA

Poden inscribirse na xornada no seguinte enderezo electrónico:

O prazo de Inscrición de VIAGALICIA estará aberto ata o 15 de Xullo de 2016.

Mais información en www.viagalicia.gal

NAVALIA 2016
Vigo, do 24 ao 26 de Maio

Coa finalidade de presentar os diferentes avances tecnolóxicos realizados ao abeiro da iniciativa Shipbuilding 4.0., o CIS Galicia, AIMEN Centro Tecnolóxico e o Cluster do Naval Galego (ACLUNAGA), están presentes na feira Navalia.

O CIS Galicia habilitou un sistema de realidade virtual co que os visitantes poden adentrarse nun iate mediante esta tecnoloxía innovadora.

O CIS Galicia acolle o CONGRESO GALEGO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
Ferrol, 20 de Maio de 2016

Nas instalacións do CIS Galicia en Ferrol celebrouse o Congreso Galego de Voluntariado baixo o título de “Construimos?”. Durante o Congreso, os asistentes de diversas idades puideron asistir a unha sesión de demostración na CAVE, a cova de realidade virtual inmersiva do CIS Galicia, onde gozaron das tecnoloxías de Realidade Virtual e Realidade Aumentada.

img_Cartel img_Cartel img_Cartel img_Cartel

O CIS Galicia acolle o congreso “GALICIAN OFFSHORE INTERNATIONAL HUB 2016”.
Ferrol, 12 e 13 de Maio de 2016

Inaugurado polo Conselleiro de Economía, emprego e Industria, Francisco Conde, este evento está destinado a amosar aos principais axentes europeos a capacidade e crecemento do sector eólico offshore dentro de Galicia. Durante a xornada abordouse a importancia do sector offshore, salientando o seu crecente nivel de facturación e as súas posibilidades como fonte de emprego para a bisbarra, así coma os problemas derivados da necesidade de reducir custes e adaptalas infraestruturas portuarias.

img_Cartel

Multiforo Industria 4.0
Ferrol, 9 e 10 de Maio de 2016

Preto de 200 persoas acudiron á segunda xornada do MULTIFORO INDUSTRIA 4.0 no CIS GALICIA, que contou coa presenza do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria e o Director da Axencia Galega de Innovación.

Nesta xornada congregáronse no SHOWROOM 4.0 organizado no CIS GALICIA os últimos avances tecnolóxicos de empresas e centros de coñecemento relacionados coa robótica colaborativa, deseño 3D, fabricación dixitar, fabricación aditiva, realidade virtual e realidade aumentada aplicada á industria.

img_Cartel

Mais información:

  • Web do MultiForo Industria 4.0
  • Conde aposta polo estaleiro 4.0 como chave para garantir a competitividade do naval ferrolán durante a próxima década

Transport Research Arena - TRA 2016
Varsovia, do 18 ao 21 de Abril de 2016

O CIS Galicia participou na sexta edición do Transport Research Arena - TRA 2016, por invitación expresa da Comisión Europea, que facilitou un espazo no seu stand para presentar o traballo desenvolto no proxecto FAROS, onde o CIS Galicia participou aplicando as tecnoloxías de Realidade Virtual inmersiva (CAVE) e incorporando o factor humán para a mellora do deseño de buques encamiñado á prevención de riscos, novidoso concepto que se está a impor no sector do transporte e mobilidade, coñecido como “Risk Based Design”.

O evento Transport Research Arena - TRA 2016, tivo lugar en Varsovia os días 18, 19, 20 e 21 de abril baixo o título “Moving Forward – Innovative Solutions for Tomorrow’s Mobility”. A iste evento acudiron arredor de 2.200 participantes de 50 países diferentes. Trátase do maior evento de Europa dirixido á investigación científica no ámbito do transporte, tanto terrestre como marítimo.

Mais información:

  • Proxecto FAROS
  • TRA Conference

imagen_evento

Xornada de "Tecnoloxías de Control Dimensional 3D aplicadas ao sector da construción naval"
Ferrol, 5 de Abril de 2016

Ao abeiro da iniciativa Shipbuilding 4.0, celebrouse no CIS GALICIA unha xornada (organizada por AIMEN, ACLUNAGA e CIS GALICIA) destinada a presentar, da man de diferentes enxeñarías e técnicos, ferramentas e solucións tecnolóxicas orientadas ao control dimensional e inspección de grandes volumes durante o proceso de construción do buque.

O correcto emprego destas ferramentas pode supoñer un grande aporte competitivo para o sector naval, ao permitir reducir e mesmo eliminar custosos procesos de corrección procedentes da desviación dimensional.

imagen_evento


Presentación no CIS GALICIA co proxecto europeo FORTISSIMO 2
Ferrol, 18 de marzo de 2016

O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, presentou a sesión informativa sobre as convocatorias para PeMEs do proxecto europeo FORTISSIMO 2, onde animou ás empresas asistentes, a presentar propostas, ao abeiro da convocatoria aberta para o desenvolvemento de experimentos que requiran supercomputación, con un orzamento ata 250.000 euros

O proxecto europeo Fortissimo 2, ten como nodo en España ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), que conta coa colaboración do CIS Galicia e CIS Madeira para el apoio na definición de casos de uso da supercomputación nas PeMES de sectores estratéxicos de Galicia, como a Industria Naval, Industria Forestal e da Madeira, ou as Bio-Industrias, entre outras.

mais información:

  • A Xunta anima ás pemes a propoñer retos de supercomputación aplicada á Industria 4.0 para gañar competitividade

imagen_evento


Shipbuilding 4.0: Xornada sobre BigData e Software de Xestión.
Ferrol, 3 de Marzo de 2016

Seminario tecnolóxico, ao abeiro da iniciativa Shipbuildint 4.0, celebrado no CIS Galicia e que contou coa participación dun centenar de persoas e no que se presentaron (organizado por ACLUNAGA, AIMEN y CIS GALICIA) as vantaxes que para o sector naval supoñen as tecnoloxías do Software de Xestión e Big Data, claves na Industria 4.0.

Durante este seminario anunciouse que en abril, o CIS Galicia, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), porá a disposición das empresas unha potente máquina de cómputo w unha carteira de servizos avanzados que lles facilitarán o uso das tecnoloxías de supercomputación, almacenamento e xestión de enormes cantidades de datos, para o desenvolvemento da fábrica intelixente. A supercomputación está recoñecida como un habilitador tecnolóxico chave para a Industria 4.0.

Mais información:

  • A Xunta pon a disposición das empresas galegas un nodo de supercomputación e servizos avanzados para o impulso da Industria 4.0

imagen_evento


Shipbuilding 4.0: Xornada de Realidade Virtual e Realidade Aumentada
Ferrol, 2 de marzo de 2016

img_Evento Ao abeiro de iniciativa SHIPBUILDING 4.0, celebrouse no CIS GALICIA un Seminario Tecnolóxico centrado en “Realidade Virtual e Realidade Aumentada”, organizada polo CIS Galicia, AIMEN e ACLUNAGA. A esta xornada acudiron preto dun cento de profesionais do sector naval e a industria auxiliar.

O obxectivo distes Seminiarios Tecnolóxicos e dar a coñecer de primeira man solucións tecnolóxicas avanzadas de realidade virtual e aumentada con aplicación na construción naval, fomentando encontros entre provedores de tecnoloxía e potenciais usuarios, e presentar actividades e proxectos que estanse levando a cabo na iniciativa SHIPBUILDING 4.0.

A iniciativa SHIPBUILDG 4.0 impulsada pola Xunta de Galicia ten por obxecto dinamizar a capacidade innovadora da industria naval galega mediante o desenvolvemento de tecnoloxías de fabricación avanzadas e mediante a colaboración multiactor entre a industria, a través de ACLUNAGA, os Centros Tecnolóxicos AIMEN e CIS GALICIA (centro integrado en GAIN) e a Administración Rexional.

Mais información:

  • A Xunta achega en Ferrol a realidade virtual e aumentada ao sector naval para aumentar a súa competitividade no marco da industria 4.0

Sesión de Demostración Tecnolóxica para emprendedores de Galicia Open Future.
Ferrol, 15 de Febreiro de 2016

Ao abeiro dos servizos de apoio e promoción tecnolóxica o CIS GALICIA presta ao tecido empresarial galego, deseñouse unha sesión demostradora personalizada para os emprendedores promotores dos 10 proxectos empresariais que se desenvolven ao abeiro do programa Galicia Open Future (impulsado por Telefónica e a Xunta de Galicia).

imagen_evento

O obxectivo desta sesión demostradora é facilitar información e coñecemento de primeira man sobre as aplicacións e posibilidades de uso das tecnoloxías de Realidade Virtual e Aumentada nos devanditos proxectos emprendedores, así coma ofrecer o apoio das súas instalacións e equipamentos.

O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, e a directora do Área de Centros de GAIN, Sonia Pazos, recibiron a Mari Carmen López, Directora do Centro de Crowdworking Galicia Open Future e ós representantes de 10 dos proxectos empresariais en estadío de maduración, animándoos a explorar as posibilidades que a través do CIS Galicia lles abren estas tecnoloxías para obter vantaxes competitivas e avanzar na Industria 4.0.

Mais información:

  • A Xunta achega no CIS Galicia a realidade virtual e aumentada aos emprendedores para potenciar as súas ideas de negocio

O CIS Galicia participa na xornada “Retos da Industria 4.0 na Automoción de Galicia”
Vigo, 20 de Xaneiro de 2016

A xornada “Retos da Industria 4.0 na Automoción de Galicia”, organizado por PSA Peugeot Citroën, CTAG e CEAGA, contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que recordou a aposta conjunta da automoción galega e a Xunta pola Industria 4.0. O evento serviu para compartir os derradeiros avances do tecido industrial galego neste desafío 4.0.

O CIS Galicia mantén dende 2015 unha estreita colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción CTAG ao abeiro do convenio financiado pola consellería para investigar no área de Interfaces Home-Máquina (IHM) ligados coa condución autónoma.

Mais información:

  • Conde salienta a aposta conxunta da automoción galega e a Xunta pola Industria 4.0 como “a única porta para competir nos mercados globais”

O CIS Galicia acolle unha xornada de networking con Francisco Conde e os empresarios de Ferrolterra.
Ferrol, 20 de Xaneiro de 2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou nesta xornada no CIS Galicia na que escoitou as propostas dos empresarios de Ferrolterra aos que trasladou as principais actuacións da Consellería, que activou o 70% dos programas de axudas para este ano, con convocatorias abertas que suman 185 millóns

Mais información:

  • Conde avalía cos empresarios de Ferrolterra medidas e apoios para continuar a impulsar a competitividade e a creación de emprego de calidade

Xornadas INDUSTRIA CONECTADA 4.0: Tecnoloxías dixitais con impacto na industria.
Santiago de Compostela, 14 de Xaneiro de 2016

img_Evento Dentro destas xornadas promovidas poa Consellería de Economía, Emprego e Industria e Telefónica, os técnicos do CIS Galicia participaron activamente nas mesas de expertos que se celebraron na Cidade da Cultura sobre os distintos habilitadores tecnolóxicos da Industria 4.0: Robótica Colaborativa, Impresión 3D, Ciberseguridade e Grafeno.

Mais información:

  • Economía, Emprego e Industria subliña o papel clave das TIC no camiño cara a fábrica intelixente

Mais Novas