noticias
Talleres capacitación realidade virtual e aumentada.
O CIS Galicia imparte un ciclo de Talleres de Realidade Virtual e Realidade Aumentada na Empresa, organizados baixo o epígrafe “Talleres de capacitación sobre novas tendencias tecnolóxicas para PEMES”, que se imparten no Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela.
- Taller 1:
“Aplicacións da realidade virtual e a realidade aumentada na empresa”, luns 26 de novembro de 10:00 a 14:00. Miguel Río Bujía
- Taller 2:
“Introdución a xeración de aplicacións de Realidade Virtual”, martes 27 de novembro de 10:00 a 14:30. Miguel Río Bujía
- Taller 3:
“Creación de contidos 3D para Realidade Virtual”, mércores 28 de novembro de 10:00 a 14:30. Lucía Rodríguez Quiroga
- Taller 4:
“Realidade Virtual na web. UNITY3D”, xoves 29 de novembro de 10:00 a 14:30. Ángel Casas Polo
- Taller 5:
“Xeración de aplicación de Realidade Aumentada”, venres 30 de novembro de 10:00 a 14:30. Ángel Casas Polo
Daránse a coñecer os procesos de identificación, análise, creación e xeración de contidos de Realidade Virtual e Realidade Aumentada, amosándose casos de éxito e as súas aplicacións.
A asistencia é gratuíta, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña.
Taller Marie Curie para PEMEs.
O 7 de xuño de 2012 organizouse no CIS GALICIA o Taller “ACCIÓNS MARIE CURIE PARA PEMES: COMO ESCRIBIR UNHA PROPOSTA ITN E IAPP EXITOSA”
Foi unha xornada eminentemente práctica onde se abordaron as cuestions máis relevantes para a preparación de propostas exitosas de ITN e IAPP, así como os contidos das próximas convocatorias.
IAPP (
“Asociacións e Pasarelas entre a Industria e a Academia”) fomenta a cooperación entre os organismos de investigación e as empresas privadas (especialmente PEMEs) para o desenvolvemento dun programa científico conxunto a través do intercambio de persoal (investigadores, técnicos e xestores), en calquera área temática.
ITN- Redes de formación inicial- fináncianse redes de organizacións privadas e universidades que colaboran para formar investigadores co obxectivo de mellorar as súas capacidades de investigación e o seu carácer emprendedor, axudarlles a sumarse a equipos de investigación establecidos e mellorar as súas perspectivas profesionais.
TALLER
Taller avanzado Protección de Innovacións.
O 22 e 23 de maio de 2012 o CIS Galicia, IGAPE e a Confederación de Empresarios de Galicia, socios galegos do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network xunto coa Oficina Española de Patentes y Marcas organizaron en Ferrol o “TALLER AVANZADO SOBRE PROTECCIÓN DE INNOVACIÓNS MEDIANTE PROPIEDADE INTELECTUAL-INDUSTRIAL".
Tratouse dun taller práctico dirixido específicamente a aquelas entidades que teñan unha función de asesores e intermediarios de Pemes en asuntos relativos a innovación e a propiedade industrial e intelectual.
Almorzos tecnolóxicos EMETEL
O 25 de abril de 2012 o CIS GALICIA participou no evento “RFID e Marketing dixital: vantaxes competitivas” organizado por EMETEL Sistemas.
A xornada tratou sobre o uso da tecnoloxía RFID e do Marketing Dixital, como ferramentas estratéxicas para que as empresas facturen e vendan máis e se posicionen como xogadores de valor engadido ante os seus clientes.
Visita a NAVANTIA Cartagena.
O 21 de Marzo de 2012, representantes do CIS GALICIA visitan a nova instalación de Realidade Virtual que opera no estaleiro NAVANTIA Cartagena.
A colaboración do CIS GALICIA con NAVANTIA consistiu no asesoramento, en temas de realidade virtual e integración, previo á adquisición do hardware de dita instalación, destinada ao diseño de submarinos.
Xornada demostradora “Solucións tecnolóxicas para a modernización da Industria do Metal”
O 13 de Marzo de 2012, o CIS GALICIA presentou no Centro Demostrador TIC unha ponencia sobre a Aplicabilidade das ferramentas de Realidade Virtual (RV) e Realidade Aumentada (RA) no ciclo de vida do produto.
Nesta presentación, explicáronse as vantaxas do uso da RV e RA nas tareFas do deseño de produto, marketing, formación, comercialización e post venta/mantemento.
Presentación virtual das Oficinas de EMETEL.
El CIS GALICIA desenvolveu unha aplicación virtual de comunicación corporativa que permite ao usuario o paseo virtual polas novas oficinas da empresa EMETEL Sistemas e que actualmente se poden visitar na súa páxina Web.
Visita Virtual
Jornadas International VR & Vis Nets Meeting.
O CIS GALICIA participou en Stuttgart nunha reunión internacional de empresas, asociacións e clusters adicados a temas de Realidad Virtual y tecnologías afines.
O obxecto de dita reunión é procura de sinerxias entre as distintas entidades europeas para a presentación de propostas de alto nivel tecnolóxico ás liñas europeas de financiación de I+D+i.
Participaron entidades de Alemania, Francia, Suiza, Italia, Bélxica e Austria.
VISNETA
Pisos pilotos virtuais
O CIS GALICIA desenvolveu simulacións virtuais de pisos piloto para as promotoras ALBANTUR e Montearzúa.
Con estas aplicacións as promotoras poden amosar aos posibles clientes os seus pisos sen necesidade de que as promocións estén completamente acabadas.
Nota de prensa
Piso piloto
CIS GALICIA participou na feira Culturgal (Feira das Industrias Culturais) facendo demostracións sobre as aplicacións da Realidade Virtual.
Durante un dos obradoiros profesionais organizados polo Foro Culturgal, o 4 de decembro o CIS GALICIA fixo unha demostración de posibles aplicacións da RV ás artes e a difusión cultural, empregando un proxector esteroscópico e lentes 3D mostrarose algúns dos produtos desenvolvidos polo CIS GALICIA. A presenza no foro foi de utilidade para ter entrevistas con profesionais de diversos sectores.
O CIS GALICIA participou na misión tecnolóxica da plataforma Loxisga ao Porto de Rotterdam.
O 22 e 23 de Novembro de 2011 os participantes na misión tiveron oportunidade de coñecer de primeira man os avances tecnolóxicos implantados nas principais empresas/terminais do recinto portuario de Rotterdam. A principal finalidade deste misión era tratar de promover futuros proxectos de I+D+i e liñas de colaboración entre as entidades de ambos países .
Feira do Coñecemento. O CIS GALICIA colaborou nas Xornadas do Coñecemento organizadas polas cámaras de Ourense, e Burela Vilagarcía.
As Xornadas, realizados perante os días 9 e 10 de novembro e 14 de decembro, tiveron como obxectivo levar a actividade de varios Centros Tecnolóxicos mais preto das empresas das comarcas e promover unha maior comprensión dos servizos tecnolóxicos que poideran ser do seu interese.
25 alumnos recibiron formación na presentación e avaliación de propostas gañadoras aos programas europeos da I + D no primer curso de Capacitación na Xestión de Programas Europeos da I + D.
Como parte final da formación teórica e prática, durante os pasados 28 e 29 de novembro, un grupo de alumnos do curso visitou e reuniuse con funcionarios da DG Research, EACI, REA, DG INFSO, ERC, e tamén cos representantes españois en Bruxelas e con membros do CSIC, SOST, Fundación Galicia Europa. O curso foi impartido por expertos de renome, tanto do sector público como do privado (CDTI, Universidades de Vigo e Santiago, Universidad de Alicante Instituto de Salud Pública Carlos III, e dúas consultoras de xestión de proxectos), avalados tamén polo seu éxito na presentación e xestión de proxectos do 7 º Programa Marco.
Para o ano 2012 está previsto realizar un novo curso con características semellantes.