PROXIMOS EVENTOS |
---|
|
ÚLTIMAS NOTICIAS |
---|
Taller Marie Curie para PEMEs.
O 7 de xuño de 2012 organizouse no CIS GALICIA o Taller “ACCIÓNS MARIE CURIE PARA PEMES: COMO ESCRIBIR UNHA PROPOSTA ITN E IAPP EXITOSA”Foi unha xornada eminentemente práctica onde se abordaron as cuestions máis relevantes para a preparación de propostas exitosas de ITN e IAPP, así como os contidos das próximas convocatorias. IAPP (“Asociacións e Pasarelas entre a Industria e a Academia”) fomenta a cooperación entre os organismos de investigación e as empresas privadas (especialmente PEMEs) para o desenvolvemento dun programa científico conxunto a través do intercambio de persoal (investigadores, técnicos e xestores), en calquera área temática. ITN- Redes de formación inicial- fináncianse redes de organizacións privadas e universidades que colaboran para formar investigadores co obxectivo de mellorar as súas capacidades de investigación e o seu carácer emprendedor, axudarlles a sumarse a equipos de investigación establecidos e mellorar as súas perspectivas profesionais. TALLER
Taller avanzado Protección de Innovacións.
CIS Galicia, IGAPE e a Confederación de Empresarios de Galicia, socios galegos do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network xunto con a Oficina Española de Patentes y Marcas organizaron o “TALLER AVANZADO SOBRE PROTECCIÓN DE INNOVACIÓNS MEDIANTE PROPIEDADE INTELECTUAL-INDUSTRIAL" durante os días 22 e 23 de maio de 2012 en Ferrol.Este taller práctico estaba dirixido específicamente a aquelas entidades que teñan unha función de asesores e intermediarios de Pemes en asuntos relativos a innovación e a propiedade industrial e intelectual. |
Máis Noticias |